Carteira

Selvática

Novo disco, formación, espírito e vida para Selvática. Os galegos máis tropicais volveron a Galicia e andan sumerxéndose na escuridade a través do seu garage correoso, negro, case castizo. O seu Seres Abisales (Orphan Records, Discos de Kirlian) vai ser editado nas próximas semanas e será unha revolución para unha banda que está a piques de reventar. Estarán presentando o seu novo álbum durante o verán.

Esposa

O cuarteto de retrousos coloridos e melodías inesquecíbeis lanza o seu debut Xardín Interior (Prenom, 2017) e nós encargámonos de axudarlles a organizar a súa axenda de concertos. Mestres do faino ti mesmo, din que non van á festa pero montan unha con tres notas. Podes contratalos a través do correo booking@parvo.gal.

Dois

Xestionamos a contratación dos vigueses Dois para axudalos a estabilizar a súa axenda e crecer como banda, ademais de botarlles unha man na producción dos seus concertos. Os galegos veñen de publicar o seu debut, “Está bien”, via Discos de Kirlian e Orphan Records.

Escoita “Está bien” na páxina de Rockdelux.

Facebook | Bandcamp

Contacta en booking@parvo.gal para contratalos.

Cró!

Realizamos o traballo de comunicación de Mounstros, o cuarto álbum da banda viguesa Cró! Axudamos á difusión dos fitos do lanzamento do disco en diversas redes e medios e acompañámolos no camiño dos seus concertos, colaborando a que o seu paso por salas e festivais estea correctamente cuberto dende o plano informativo.

Podes escoitar Mounstros aquí, contratar a Cró! escribindo a info@spacecro.com e contactar con nós para calqueira acción informativa en promo@parvo.gal.

Trilitrate

O trío acústico Trilitrate segue trazando o seu camiño único na música galega e pediunos que dirixiramos a campaña de comunicación de lanzamento do seu segundo álbum Frutal Death. Acompañamos á banda nas datas da súa xira e apoiámolos en todos os aspectos da súa comunicación.

Podes escoitar a Trilitrate aquí, ademais de contratalos escribindo a trilitrate@metamovida.org, ademais de contactar con nós para calquera acción de comunicación en promo@parvo.gal.

diola

O trío pontevedrés diola está a piques de publicar o seu primeiro álbum no mítico selo catalán Bcore e dende Parvo estamos moi ledos de xestionar a súa axenda. Podes escoitalos nesta ligazón, e contratalos a través do correo booking@parvo.gal.

VRAO

Cordinamos a producción técnica (preproducción, escaletas, medios) deste pequeno e abraiante festival que se celebra en Foz cada mes de xullo.

Nesta ligazón podes ver como transcurriu a última edición.